Te quiero más que a la salvación de mi alma
POESIAS
De Reversos de Ramiro Fonte, p.52
TAREFA
E se enterrei longos anos
Da miña vida en pintar
Esa vida popular,
Eses segredos humanos;
Se recuperei a infancia
(tempo aquel cunha cor gris
Coma os medos dun país)
Nunha volátil fragrancia;
Se os sons pobres dunha rúa
Escoitei desde as xanelas,
Esas cegas sentinelas,
Se colguei do ceo a lúa;
Se a crónica dalgún barbeiro,
Dun puro mestre escolar,
Da ponte que cruza o mar,
Lle entreguei ó mundo enteiro,
¿Poderedes desculpar
A miña invisible prosa
Por eu querérvola dar
Sen a espiña dunha rosa?
¿Poderedes concederile
A indulxencia, o perdón,
A quen quixo perdoarile
O mal a eses corazóns?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
WIKIPEDIA
Todo el saber universal a tu alcance en mi enciclopedia mundial: Pinciopedia
No hay comentarios:
Publicar un comentario