Poemas de Ramiro Fonte
HOXE
Hoxe non morrerei. Sábeno as fornes,
As estrelas, as lilas, os piñeiros,
Os paxaros, as sombras deses montes,
As flores do camiño, o mar enteiro.
TENDIÑAS
No meu recordo son reo
Das tendilias de tebeos.
Xurdían nalgúns portais
Coma flores naturais.
Unhas caixiñas de froita
(a cousa non era moita)
E uns aquejados cordeis
Presentaban os papeis.
Co seu sentimento práctico
Da vida, o neno simpático
Xuntaba a mercadorja
Nunha das vilegas vías.
Nunha ocasión decidín
Traizoarme un pouco a mm.
Mal aprendiz de libreiro
(nunca che fun un logreiro),
Entreguei á pon estraña
Miñas bélicas fazañas;
Mostrei nos comúns lugares
Varias vidas exemplares.
Foi por tedio ou por preguiza
Naquela tarde outoniza,
Non moi lonxe da fontiña
Que coidaba da alma miña,
Mais ningún dos meus veciflos
Desviou o seu camiño;
Nin sequera por azar
Se arrimou a follear.
Un refachifio de vento
Traspoleira os pensamentos.
Canfurnei a colección.
E hoxe vendo o corazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario