Te quiero más que a la salvación de mi alma
POESIA
De Reversos de Ramiro Fonte, p.159
Fonte Nova
DESARRIMADAS casiñas
Coma esquecidos parentes
E, así e rodo, aínda veciñas
Das rúas da miña mente.
Sospeito que as vosas caras
Me resultan coñecidas
Pois non é de todo avara
A lembranza nesta vida.
Puras casas mariñás,
Avergoñadas labregas
Que, coma vellas cristiás,
Ouvides campás vilegas.
No medio de herdades monas
E de abandonadas leiras,
Xunto ó muro dunha horta,
Da soidade compañeiras.
A boa constelación
De pinzas multicolores
Converte cesto balcón
Nun cadro de mil amores.
Unha amable escuridade
Flúe da porta da bodega,
E entón me envolve a saudade
Que arrastran as cousas cegas.
Reinauguro ese escenario
Das paisaxes esenciais
Perdidas nese lunario
Das lúas de nunca máis.
Xa non sei cando morreu
Aquel vello mariñeiro
Que fa da ribeira á ceo
E plantou un limoeiro.
(fonte)
¿Que murmurará esa forne,
De mín o que ela dirá
Nunha xornada de hoxe
Ou de pasadomañá?
Bu contei aqueles anos,
Mais cúlpome de esquecer
Os dous xenerosos canos
Que me deron de beber.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
WIKIPEDIA
Todo el saber universal a tu alcance en mi enciclopedia mundial: Pinciopedia
No hay comentarios:
Publicar un comentario