Te quiero más que a la salvación de mi alma

Te quiero más que a la salvación de mi alma
Catalina en Abismos de pasión de Luis Buñuel
Mostrando entradas con la etiqueta A Coruña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Coruña. Mostrar todas las entradas

A CORUÑA


La Tribuna, Emilia Pardo Bazán, p. 214
Pañales pobres se secaban en las cancillas de las puertas; la cuna del recién nacido, colocada en el umbral, se exhibía tan sin reparo como las enaguas de la madre ... y, no obstante, el barrio no era triste; lejos de eso, los árboles próximos, el campo y mar colindantes, lo hacían por todo extremo saludable; el paso de los coches lo alborotaba; los chiquillos, piando como gorriones, le prestaban por momentos singular animación; apenas había casa sin jaula de codorniz o jilguero, sin alhelíes o albahaca en el antepecho de las ventanas; y no bien lucía el sol, las barricadas de sardinas arenques, arrimadas a la pared y descubiertas, brillaban como gigantesca rueda de plata.
Tampoco faltaban allí comercios que, acatando la ley que obliga a los organismos a adaptarse al medio ambiente, se acomodaban a la pobreza de la barriada. Tiendecillas angostas, donde se vendían zarazas catalanas y pañuelos; abacerías de sucio escaparate, tras de cuyos vidrios un galán y una dama de pastaflora se miraban tristemente viéndose tan mosqueados y tan añejos, y las cajas tremendas de fósforos se mezclaban con garbanzos, fideos amarillos, aleluyas y naipes; figones que brindaban al apetito sardinas fritas y callos; almacenes en que se feriaban cucharas de palo, cestería, cribas y zuecos: tal era la industria de la cuesta de San Hilario. Allí se tuvo por notable caso el que un objeto adquirido se pagase de presente, y el crédito, palanca del moderno comercio, funcionaba con extraordinaria actividad.
Todo se compraba fiado; cigarrera había que tardaba un año en saldar los chismes del oficio. Reinaba en el barrio cierta confianza, una especie de compadrazgo perpetuo, un comunismo amigable: de casa a casa se pedían prestados no solamente enseres y utensilios sino

CATIVOS


La Tribuna. Emilia Pardo Bazán, p 212
Lo más característico del barrio eran los chiquillos. De cada casucha baja y roma, al salir el sol en el horizonte salía una tribu, una pollada, un hormiguero de ángeles, entre uno y doce años, que daba gloria. De ellos los había patizambos, que corrían como asustados palmípedos; de ellos, derechitos de piernas y ágiles como micos o ardillas; de ellos, bonitos como querubines, y de ellos, horribles y encogidos como los fetos que se conservan en aguardiente. Unos daban indicios de no sonarse los mocos en toda su vida, y otros se oreaban sin reparo, teniendo frescas aún las pústulas de la viruela o las ronchas del sarampión; a algunos, al través de las capas de suciedad y polvo que les afeaban el semblante, se les traslucía el carmín de la manzana y el brillo de la salud; otros ostentaban desgreñadas cabelleras, que si ahora eran zaleas o ruedos, hubieran sido suaves bucles cuando los peinaran las cariñosas manos de una madre. No era menos curiosa la indumentaria de esta pillería que sus figuras. Veíanse allí gabanes aprovechados de un hermano mayor, y tan desmerusadamente largos, que el talle besaba las corvas y los faldones barrían el piso, si ya un tijeretazo no los había suprimido; en cambio, no faltaba pantalón tan corto que, no logrando encubrir la rodilla, arregazaba impúdicamente descubriendo medio muslo. Zapatos, pocos y esos muy estropeados y risueños, abiertos de boca y endeblillos de suela; ropa blanca, reducida a un jirón, porque, ¿quién les pone cosa sana para que luego se revuelquen en la carretera y se den de mojicones todo el santo día, y se cojan a la zaga de todos los carruajes, gritando: «¡Tralla, tralla!>>
De lo que ninguno carecía era de cobertera para el cráneo: cuál lucía hirsuta gorra de pelo, que le daba semejanza con un oso; cuál un agujereado fieltro sin forma ni color; cuál un canasto de paja tejido en el presidio, y cuál un enorme pañuelo de algodón, atado con tal arte, que las puntas simulaban orejas de liebre. ¡Oh, y qué cariño profesaban los benditos pilluelos a aquella parte de su vestimenta! Antes se dejarían cortar el dedo meñique que arrancar la gorra o el sombrero; nada les importaba volver a casa de noche sin una pierna de calzón o sin un brazo de la Chaqueta; pero con la cabeza descubierta, sería para ellos el más grave disgusto.

LA CORUÑA Y BOLAÑO

De Los sinsabores del verdadero policía, de Roberto Bolaño, p. 31
En cierta ocasión, recordaba Amalfitano, al salir de un cine Padilla le confesó que pensaba hacer una película en un futuro no muy lejano. La película se llamaría Leopardi y según Padilla iba a ser una biopic al estilo de Hollywood sobre el famoso y multidisciplinar poeta italiano. Como aquella que hizo John Huston sobre Toulouse-Lautrec. La película de Padilla, sin embargo, al no contar con un gran presupuesto (en realidad no contaba con ningún presupuesto) limitaría los papeles principales no a grandes actores sino a colegas escritores, los cuales trabajarían por amor al arte en general, por amor al gobbo en particular o simplemente por figurar. El papel de Leopardi estaba reservado para un joven poeta de La Coruña adicto a la heroína cuyo nombre Amalfitano había olvidado. El papel de Antonio Ranieri Padilla lo tenía reservado para sí mismo. Es el más interesante de todos, adujo. El conde Monaldo Leopardi lo iba a personificar Vargas Llosa, a quien el papel, con un poco más de sombra en la cara y algo de talco, le iba como anillo al dedo. Paolina Leopardi era para Blanca Andreu. Carlo Leopardi, para Enrique Vila-Matas.

UN LIBRO SOBRE LA ESPERANZA DE LOS MARINEROS

Nos cincuenta un novo grupo de edificios poboou as agras de Labañou. Para significar a vehemencia da mocidade que o habitaba —e tomando como inspiración metafórica a guerra que entón desenvolvían os norteamericanos no Oriente de lonxe— o barrio axiña quedou bautizado como Corea. No mesmo tempo, o patrón de pesca Juan Cagiao comezou a encher os copos no Gran Sol cun peixe nunca antes visto na Coruña. Esas meigas grandes —ou falsos linguados — inmediatamente recibiron no Muro o nome de "coreanos".
"Todo o que hai na terra, haino tamén no mar", así principia un vello conto irlandés recollido por Lady Gregory. Mais, se na dimensión "terrícola" sufrimos grandes eivas en memoria histórica, a amnesia é absoluta na Coruña do mar.
Homes de Ferro en Barcos de Madeira, velaí un feliz antídoto. Esperanza Piñeiro e Andrés
Gómez Blanco utilizaron como título da súa obra o "epíteto épico" con que os navegantes ingleses saudaban aos mariñeiros galegos dos pataches e dos vellos bous do Gran Sol.
Advertencia: cómpre traxe de augas para achegarse a este libro. En cada páxina estoupa "o salsieiro". As crónicas dos veteranos de altura e do mar de María Antonia —así lle chaman ao treito de auga entre Prior e Sisargas— transcenden á fin o círculo máxico da partida de tute no Tres Portiñas, no Rueda ou no Lionardo, tascas mariñeiras varadas na cidade. Nunha delas, o Tabeirón, principia unha das grandes travesías do libro. Os ollos de boi que adornan o local teñen soportado temporais a eito. Antes de taberna, os Tabeiróns foron unha parella de arrastreiros .
Andrés Soto mandou durante moitos anos un destes barcos. Ademais de Castletown, Bantry e Valentia —peiraos "galegos" nas rías de Irlanda—, sorpréndenos con novas xeografías. Nos anos corenta, navegaba xa nun bou de vapor e tocaba decote o porto de Milford, en Gales, para repostar carbón. A primeira vez pediron 30 toneladas, a mesma medida que embarcaban na
Coruña. Na metade da carga tiveron que mandar parar. O barco ía para o fondo con tanto peso. Foran descubrir en Gales que á tonelada de carbón do Muro faltáballe moito para chegar aos mil quilos.
Andrés naceu en Marín, en 1917. Lembra que nos anos da República, os bous coruñeses,
no inverno, entre o 21 de setembro e o 21 de marzo, tiñan prohibido subir ao Gran Sol. Fora un dos logros de El Despertar Marítimo, o grande sindicato dos mariñeiros. Tras do golpe militar do xeneral Franco, a súa infraestrutura clandestina organizou a fuga en pesqueiros de moitos cidadáns ameazados de morte polos golpistas. Mais no ano 37, quizá na tentativa máis ambiciosa, houbo unha delación, e 200 republicanos chegados de toda Galiza, en lugar da liberdade, atoparon no Portiño unha chuvia de balas.
Aos 15 anos, Jesús Regueira traballaba nunha carnizaría. Viaxaba no tranvía para facer o
reparto, cando escoitou un estrondo terrible. Tanto se asustou que tirou o cesto e fuxiu ás presas cara casa. Era a mañá do 20 de xullo de 1936 e as sereas de toda a flota estaban a manifestarse,
contra o golpe de Estado, en defensa da República. Dúas décadas despois Jesús andaba a empeixar no banco da Balea —Terranova— augas de frío onde todo se xea, ata as bágoas. Daquela pescábanse bacallaus grandes coma homes. Traían tanto peixe que unha vez a súa cuñada fixo unha empanada de barbilla, isto é, de linguas de bacallau, "na miña vida comín cousa tan deliciosa". Contoumo un amigo. Antes de ser Manuel Núñez, gran vocalista do grupo Foliada, foi Coruña, mariñeiro nas capas do Gran Sol. Un día, actuando en Boiro, viu en primeira fila aos
seus antigos compañeiros do barco. Emocionado, dedicoulles unha canción. No remate, achegáronselle todos cargados de timidez: "Grazas, Coruña. As nosas mulleres dicían que non nos ías falar".
"As cousas do mar no se contan na terra", dixo o Machín de Muxía. Esa fronteira invisible
que separaba ambos os dous mundos é agora unha cancela de ferro a deter aos terrícolas na entrada ao Muro. Nestes días tristes de declive constante dun porto de tanta sona, grazas a Esperanza e Andrés, os homes de ferro soben por fin ao mellor escenario, para nos traer un chisco de memoria e dignidade.
"O pasado é o futuro", dixo o filósofo. A Coruña naceu do mar. Tras mollarnos no testemuño destes sabios, xa sabemos onde debemos procurar o seu porvir.
As robalizas de San Andrés
Sorpréndase no Parrote o paseante. Se centra a súa atención nos muros do xardín de San Carlos, aparecerá, incrustada neles —e medio agachada pola hedra—, a portada da antiga igrexa de San Andrés. Achéguese un chisco máis e descubrirá, navegando nas arquivoltas, un xarabal de robalizas. Normal, San Andrés era o patrón do antigo gremio de mareantes, e A Coruña ten as súas raigañas máis fondas chantadas no Atlántico.
Por iso, a visión que Esperanza e Andrés nos ofrecen neste libro é oceánica. Ao carón dos testemuños directos dos protagonistas, a obra achega unha aproximación histórica á pesca na cidade dende o comezo do século XX ata os anos sesenta, e unha magnífica colección de láminas e fotografías. Ademais tamén incluíron o saúdo da serea da illa Miranda, en Ares, ou a noticia do congro de sete cabezas que habita, en Ferrol, preto do peirao de Curuxeiras. Isto é o engado dos seres fantásticos que, entre as Sisargas e Prior, comparten cos homes de ferro a fartura —carnocho, lembra ben o nome— do mar de María Antonia.

WIKIPEDIA

Todo el saber universal a tu alcance en mi enciclopedia mundial: Pinciopedia