CULTURA
Roberto Varela aposta por mesturar “as nosas raíces” con novas propostas
XORNAL.COM | Actualizado 19/04/2010 - 11:07 h.
Roberto Varela tamén destacou a “transcendental achega de Ponteareas á cultura galega”, e recordou o interese que suscita a elaboración das famosas alfombras florais do Corpus Christi. Esta festa popular leva celebrándose dende hai máis de 150 anos, e dende xuño de 2009 está declarada Festa de Interese Turístico Internacional de Galicia. Nesta liña, Varela asegurou que o convenio que se asinou esta mesma semana entre a Xunta e o Concello para a celebración do III Congreso de Arte Efémera “axudará a que Ponteareas se erixa como capital mundial da arte das alfombras, un título do que é xusta merecedora”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario