Te quiero más que a la salvación de mi alma

Te quiero más que a la salvación de mi alma
Catalina en Abismos de pasión de Luis Buñuel

INCIPIT 908. ALMA / JOSE LORENZO TOME

O espirito chega a nós fragmentado. Chega en estelas que amazocan carpos que falan, as máis das veces, de maneira inconsciente. Fala neles o tío, o avó, a nai e pai, o pasado que se esvara en dicires prestados sen substrato consciente. O espírito toma hoxe a forma dun crebacabezas sen articular que configura desalmados. Lanzado ao mundo nunha cesta sen eirnbres, burlado desde o comezo, navega o desalmado sufocando augas incertas que, non hai moito, eran para os mariños do país de Yam rutas do comercio das ricas mercadorías coas que enchían as adegas das súas naves: té, esparto, estano. Durante o día orientados ao lonxe polo perfil da costa, e na noite pola certeza das estrclas, con medo ás veces e coraxe sempre,"os homes de Yam tiñan unha alma ...
Ada esparexía a fariña na mesa na que traballaba facendo unha empanada, golpeaba con xenio a masa e longo estendíaa co rulo. Falaba alto, para si mesma, deixando ir e vir a cabeza ao seu antollo ... ; mentres rosmaba, Isolina, a abella bochuda, voaba arredor da súa cabeza e, seguido como se estivese no circo, corría por riba do rulo co que a súa amiga traballaba a masa  
-Quita, quita!, non fas máis que molestar ... , teño présa!

-Que vas ter présa!. .. , o que queres é non deixar de refungar ... , o país de Yarn!, corno tes a cabeciña! -dixo a abella pousando na man de Ada.

No hay comentarios:

WIKIPEDIA

Todo el saber universal a tu alcance en mi enciclopedia mundial: Pinciopedia