UNHA PEQUENA FÁBULA”
“Ai”, dixo o rato, “o mundo resulta cada día máis estreito. De primeiras era tan ancho que tiña medo. Corría máis e máis lonxe e era feliz porque, finalmeníe vía muros á dereita e á esquerda, na distancia; mais estes longos muros aproximáronse tan rápido un do outro que xa estou no derradeiro cuarto e aquí, no recanto, está a rateira cara á que corro”. “Só tes que cambiar o sentido da marcha”, dixo o gato e papouno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario