William Faulkner
TIÑA ollos de falcón
E o seu corpo descarnado;
Tiña un plural corazón
Cheo de xente do pasado.
Traía o andar dun xinete
De cabalos desbocados
(a vida é un simple xogete
Nas mans de Shakespeare, do Fado)
O ritmo dos grandes ríos
Que rebordan nunha chea
Deulle á prosa. ¡Quen o crea¡
Bebeu, entre falsas calmas,
E exerceu o señorío
Sobre un condado de almas
No hay comentarios:
Publicar un comentario