Te quiero más que a la salvación de mi alma

Te quiero más que a la salvación de mi alma
Catalina en Abismos de pasión de Luis Buñuel

INCIPIT 214 QUE ME QUERES AMOR? / MANUEL RIVAS

Amor, a ti me venh ‘ora queixar
de mia senhor, que te faz enviar
cada u dormio sempre m ‘espertar
e faz-me de gram coita sofredor.
Pois m’ela nom quer veer nemfalar,
que me queres, Amor?
Fernando Esquio


Soño coa primeira cereixa do verán. Douila e ela lévaa á boca, mírame con ollos cálidos, de pecado, mentres fai súa a carne. De repente, bícame e devólvema coa lingua. E eu que marcho tocado para sempre, o óso da cereixa todo o día rolando no teclado dos dentes como unha nota musical silvestre.
Pola noite: “Teño algo para ti, amor”.
Pouso na boca dela o óso da primeira cereixa.
Pero, en realidade, ela non me quere ver nin faiar.
Bica e consola a miña nai e logo vaise cara a fóra. Mirádea, gústame tanto como se move¡ Parece que leva sempre os patíns nos pés.
O soño de onte, o que facía sorrir cando a sirena da ambulancia abría camiño cara a ningures, era que ela pa-

No hay comentarios:

WIKIPEDIA

Todo el saber universal a tu alcance en mi enciclopedia mundial: Pinciopedia