ANTES DE QUE TI FOSES VIAXEIRO
De pasa un segredo, de Ramiro Fonte
Cando veñas ó norte, non preguntes
Por unha casa vella;
Pola sombra de seu, nas calexas deitada
Como se deita o inverno
Con derrotados meses sobre o mundo e as choivas.
Cando vefias ó norte, vello amigo,
Non preguntes ás brétemas que furtan
Os segredos das cousas;
Non interrogues fondas baixamares
—E menos nun agosto de altas lúas—,
Nin os bosques de antano,
Onde soñan as fajas e as carballeiras nobres.
Hai unha casa branca. Agardareite
Aireando os seus cuartos,
Abrindo as contras, para que a luz reciba
Aquilo que foi meu;
Ordenando papeis dos meus esquezos,
Libros daquela, versos
Por rematar aínda,
Escuros calendarios que escribiron
Anos mozos e nomes de rapazas.
E esta canción que é túa, e escribín para ti,
Antes de que ti foses viaxeiro,
Moito antes quizais
De que tiveses sede, e decidises
Partir, soñar, ama-lo corazón
Destas palabras poucas.
Cando chegues ó norte, non preguntes.
Dirache o teu desexo que eu estaba agardando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario