
De Reversos de Ramiro Fonte
ALFA
ANTES das cores do mundo
E das sombras do rueiro,
Do regato cantareiro,
Antes do suco profundo;
Antes desas chuvias longas
Que amortecen esperanzas,
Das primixenias lembranzas
Que ó futuro se prolongan,
Vellas con escapularios,
Labreguiñas misteriosas,
Por non andaren ociosas
Completan un setenario.
Reclamo a súa clemencia
E así reparo unha ausencia.
O cativiño cristián
(sei que esta mesma canción
Naceu naquela oración)
Leva o home da súa man.
No hay comentarios:
Publicar un comentario