Te quiero más que a la salvación de mi alma

Te quiero más que a la salvación de mi alma
Catalina en Abismos de pasión de Luis Buñuel

RENE FUE SOLO UN INSTRUMENTO, UNA FACHADA NADA MAS


Xornal.com. SUPLEMENTOS/ Contexto
R Varela: “Non sería nobre deixar o barco agora, salvo que mo pedise o presidente”
Roberto Varela está no albo. Mentres o mundo da literatura ultimaba unha carta incendiaria na que se pedía a súa dimisión, o conselleiro de Cultura víase obrigado a desmentir en Madrid os rumores sobre a súa marcha
IAGO MARTÍNEZ | 07/02/2010 - 17:00 h.
Queren buscar a miña debilidade pero non, eu son cen por cen galego, e se non o sentise non estaría aquí agora. O galego é o meu idioma natal, tiven que aprender o castelán máis tarde. Dóeme que non se me considere galeguista.
Non teño ningunha intención de crear ningún tipo de enfrontamento, e menos con xente tan importante. Despois hai cousas que entendo menos, porque a min a mestura de escritores que aí hai paréceme un pouco estraña, pero en fin, estou disposto a falar con eles e explicarme. Xa o fixen, de feito.
Puxéronme unhas flores que eu lle tiña que entregar ao busto de Castelao e emocioneime. Non sabía que tiña que dicir unhas palabras, xa non había medios nin nada, e dixen o que me saíu do corazón: que aquel era o momento e o lugar para afirmar o meu compromiso irrenunciábel coa cultura galega. Non había case ninguén, pero a min pareceume que era o momento, moi simbólico, bonito, cunhas raiolas de sol alí ao fondo da ría, empezaba a chover... Saíume da alma e díxeno. O alcalde tamén quedou un pouco impresionado. Non foi gravado, pero había testemuñas. Foi importante para reconfortarme eu mesmo.
Está a pagar os pratos que rompe o conselleiro de Educación?
Non creo que o conselleiro de Educación estea a romper ningún prato.
Sánchez Bugallo di que lle ten aprezo persoal, pero repróchalle que lle fixese caso á “decisión política” de marxinar Santiago na campaña. Decisión que se tomou, dixo neste diario, “noutros ámbitos da Xunta”.
Que afirmación máis misteriosa, non sei a que se refire.
Puido sentar mal que lle dixese ao voceiro do PP en Santiago, Gerardo Conde Roa, e en público, “Gerardo, ya hablaremos”? Referíase precisamente a ese conflito co Concello.
Tamén dixen iso na Coruña? Iso xa é sacarlle punta a todo.
Non é certo, daquela, que lle presentou a súa dimisión ao presidente da Xunta en Madrid?
Como vai ser certo? Non é certo, e moitísimo menos que eu tivese un enfrontamento verbal co presidente, por favor! Mentira total. Sería absurdo. Iso saíu nun confidencial, e os xornalistas, con moi bo tino, preguntaron e non o publicaron.
Estou perdendo a inocencia. Non esperaba esas puñaladas, eses anónimos, os confidenciais de internet.
A oposición utiliza todo na miña contra.

No hay comentarios:

WIKIPEDIA

Todo el saber universal a tu alcance en mi enciclopedia mundial: Pinciopedia