Te quiero más que a la salvación de mi alma

Te quiero más que a la salvación de mi alma
Catalina en Abismos de pasión de Luis Buñuel

INCIPIT 1.567. OPERA OMNIA / PEDRO INCIO



Nós, os mariñeiros, sempre saímos coa Virxe para celebrarlle a misa no mar. Faise dende hai moitos anos, recórdoo xa de cando eu era moi pequeno, de cativo indo na lancha co meu pai; así foi sempre, excepto unha tempada que se deixou de sacar a imaxe ao mar por culpa dun accidente. Foi hai moito tempo, ti debías ter cinco ou seis anos.

Ese 16 de xullo, a festa do Carme, tivemos un día precioso e tranquilo de verán, co mar coma un prato, e menos mal. A barca da Virxe bailaba arrimada ao murallón, esperando. Víaa xa de lonxe, moi engalanada, chea de acios de flores, globos de papel de seda, bandeiriñas de cores de babor a estribor, coroas de rosas na amura e grilandas de mirto de proa a popa, ata catleyas había. A figura da nosa Señora púxose enriba dunha tarima, cun friso de margaridas amarelas, columnas de calas de San Xosé nas catro esquinas e un círculo de pasifloras e xasmíns ao redor da estatua.


No hay comentarios:

WIKIPEDIA

Todo el saber universal a tu alcance en mi enciclopedia mundial: Pinciopedia