Te quiero más que a la salvación de mi alma

Te quiero más que a la salvación de mi alma

PARA RAMIRO, CON AMOR, DESDE EL PUENTE DE PIEDRA


PARA RAMIRO, CON AMOR, DESDE EL PUENTE DE PIEDRA
É o que desexaba escribir, a obra coa que levaba soñando moito tempo. Quería un libro
con bo galego, que puidese servir como modelo de prosa clara, sinxela, transparente.
Que estivese cheo de vida e fixese á vez chorar e rir. Cando escribo agora é para facer
obras canónicas na literatura galega. Contra o que pareza, o que digo é humilde. Arranxemos a prosa, escribamos ben, limpo... son cousas modestas. Se consigo levar a bo porto unha obra de 800 páxinas que se lea creo que fixen algo importante.
(...) Hai unha aposta decisiva por un modelo de prosa, desenvolvido ao longo dun
proceso longuísimo de elaboración. E iso esixía tamén definir un modelo de lingua que se foi perfeccionando, que se foi depurando co paso do tempo.
O que eu chamo a prosa invisíbel. Unha prosa que fuxa tanto do exceso de grandilocuencia, chea de frases que se perden e que carecen de sentido, coma da ausencia total de estilo que vemos en moitos narradores actuais. Unha prosa que se lea ben e na que o sentido corra con naturalidade. Como literato, xa dende rapaz, o meu máximo anceio foi sempre ampliar e mellorar a paisaxe literaria galega.

No hay comentarios:

WIKIPEDIA

Todo el saber universal a tu alcance en mi enciclopedia mundial: Pinciopedia