

A boa fotografía é invisibe. Dispóñome a entrar novamente na cámara escura da menoria. Intento someter unha seie significativa de negativos a un proceso de revelado. Confío os meus esquecementos a unha técnica literaria que obre o milagre da aparición de lembranzas vivas. Compórtome como ese fotógrafo alegórico que mergulla o papel na cubeta dos químicos. Sobre o papel van aparecendo as figuras duns nenos que rodean un acordeonista. Noutro, unha boa recua de escolares, ordenados polos chanzos dunha escaleira, posan para a posterioridade co seu mestre, soportando estoicamente uns uniformes grises.
No hay comentarios:
Publicar un comentario